Generación 49
O grupo “Generación 49” fórmase en A Coruña en 1967 con Alberto Morano (Órgano eléctrico) deixando o seu grupo anterior “Los Simples”, Germán Peñalver (Batería) ven de “Los Saurios” e Xoan Piñón (Guitarra eléctrica) do cal único antecedente é a rondalla de os Maristas de A Coruña. O nome do grupo sae da data de nacemento de Peñalver.
En 1968 gravan un E.P. en vinilo de 4 temas de autores galegos con instrumentos electrónicos, polo que podemos consideralo como pioneiro e predecesor do que sería a música galega instrumental actual.
Comenza a súa andaina con un estilo ”beat” facendo versións dos grupos ingleses e españois da época de finales dos 60 e con directos en discotecas, radios e festas de diversa índole en formato trío. O equipo co que traballa e un órgano, amplificadores Farfisa de 20 e 60w. guitarra eléctrica e baixo Hofner e unha batería.
No ano 1968, presentánse ao concurso “El Microfono de Oro” que se celebra en Lugo; despois de sucesivas eliminatorias, chegan a conquerir o “Micrófono de Oro” ao mellor grupo do Festival e o “Micrófono de Plata” ao mellor grupo instrumental, xa que o de ouro xa o tiñan. Con estes premios para a vitrina, está tamén un contrato coa discográfica Belter de Barcelona que supón a gravación de tres discos do que so chegarían a editar o primeiro. Para este evento, e como reforzo, chaman a Jesús Santos Casal “Chapa” (Baixo eléctrico) que toca no grupo “Piscis”. Interesados por estes premios o “Ballet Gallego Rey de Viana” de A Coruña (ao que pertenece Alberto Morano) invítanos a participar nos seus directos facendo unha actuación previa ao espectáculo de danza con temas de autores galegos que o ballet utilizan como base musical do espectáculo. Déixannos un local de ensaio e mercan unha nova batería Premier para que o grupo soe.
Co “Ballet Gallego” facemos varias actuacións en O Ferrol (Parque da Alameda), Pazo de Oca, Vigo (Praia de Samil e Auditorio de Castrelos) e O Berbés coa TV en directo. A idiosincrasia do grupo non conecta ben coa disciplina do Ballet, polo que por ambas partes deciden non continuar.
Trasládanse a Barcelona unha semá en un avión Fokker para gravar nos estudos da Belter, ao chegar comenta Chapa “facía moito calor, había un cheiro húmido e industrial ... non o esqueceréi nunca”, no hotel coinciden con “Los Canarios” con noite de farra asegurada. Previa sesión fotográfica no parque de Montjuic e un adianto de 4.000 pts, (teñen que comprar roupa axeitada para as fotos da portada do disco) a descontar da venda dos EP; prepáranlles no estudo de gravación un Órgano Hammond, Unha Gibson 335, un baixo Burns e unha batería Premier. Comenta Alberto “deixáronme un órgano Hammond alucinante, tardamos moito tempo en poñelo a punto” Cunha presión considerable de nervos para uns rapaces de 17 a 20 anos e unha temperatura altísima dentro do estudo, gravan todos a vez repetindo os temas ata que quedan ben. Apunta Xoan “O dono da Gibson afinou a guitarra de orella en dez segundos escasos ... entre a calor e os nervos sudábanme as mans e non daba feito” o resultado foi un son cunha boa calidade para a época, e un disco que faría historia.
Esta sería a base da gravación do E.P. :
Tema 1 : O Espantallo (Inzenga e Rodrigo A. De Santiago)
Tema 2 : La Alfonsina (Canuto Berea)
Tema 3 : Poema da Chispa (Rodrigo A. de Santiago)
Tema 4 : Belidas Fiandeiras (Inzenga)
Edítanse, según a Belter 500 exemplares. Cando o EP sae co nome “Generación 49 del Ballet Gallego” o grupo supón que tivo que saldar algúnha débeda máis pero sempre foi “Generación 49” a secas. Pasados uns meses comenta Germán “Chamamos a disográfica a ver como iban as vendas, contestáronnos que ainda lle debíamos cartos do adianto das catro mil” Posteriormente as obrigas do servizo militar e diversos problemas familiares fan que o grupo desapareza definitivamente, corría o ano 1969.
Xoan Piñón, Alberto Morano, Germán Peñalver e Jesús Santos
Na mesa de mesturas co inxeñeiro de gravación
Nos estudos de gravación Belter
Xoan e "Chapa" posando para o fotógrafo.
Probas de son de guitarra e baixo