4:08 p. m. by "Generacion 49" musica instrumental beat Galicia 1968 rock pop pionero 1960
, under
Generación 49
O grupo “Generación 49” fórmase en A Coruña en 1967 con Alberto Morano (Órgano eléctrico) deixando o seu grupo anterior “Los Simples”, Germán Peñalver (Batería) ven de “Los Saurios” e Xoan Piñón (Guitarra eléctrica) do cal único antecedente é a rondalla de os Maristas de A Coruña. O nome do grupo sae da data de nacemento de Peñalver.
En 1968 gravan un E.P. en vinilo de 4 temas de autores galegos con instrumentos electrónicos, polo que podemos consideralo como pioneiro e predecesor do que sería a música galega instrumental actual.
Comenza a súa andaina con un estilo ”beat” facendo versións dos grupos ingleses e españois da época de finales dos 60 e con directos en discotecas, radios e festas de diversa índole en formato trío. O equipo co que traballa e un órgano, amplificadores Farfisa de 20 e 60w. guitarra eléctrica e baixo Hofner e unha batería.
No ano 1968, presentánse ao concurso “El Microfono de Oro” que se celebra en Lugo; despois de sucesivas eliminatorias, chegan a conquerir o “Micrófono de Oro” ao mellor grupo do Festival e o “Micrófono de Plata” ao mellor grupo instrumental, xa que o de ouro xa o tiñan. Con estes premios para a vitrina, está tamén un contrato coa discográfica Belter de Barcelona que supón a gravación de tres discos do que so chegarían a editar o primeiro. Para este evento, e como reforzo, chaman a Jesús Santos Casal “Chapa” (Baixo eléctrico) que toca no grupo “Piscis”. Interesados por estes premios o “Ballet Gallego Rey de Viana” de A Coruña (ao que pertenece Alberto Morano) invítanos a participar nos seus directos facendo unha actuación previa ao espectáculo de danza con temas de autores galegos que o ballet utilizan como base musical do espectáculo. Déixannos un local de ensaio e mercan unha nova batería Premier para que o grupo soe.
Co “Ballet Gallego” facemos varias actuacións en O Ferrol (Parque da Alameda), Pazo de Oca, Vigo (Praia de Samil e Auditorio de Castrelos) e O Berbés coa TV en directo. A idiosincrasia do grupo non conecta ben coa disciplina do Ballet, polo que por ambas partes deciden non continuar.
Trasládanse a Barcelona unha semá en un avión Fokker para gravar nos estudos da Belter, ao chegar comenta Chapa "facía moito calor, había un cheiro húmido e industrial ... non o esquecerei nunca". No hotel coinciden con “Los Canarios” con noite de farra asegurada. Previa sesión fotográfica no parque de Montjuic e un adianto de 4.000 pts, (teñen que comprar roupa axeitada para as fotos da portada do disco) a descontar da venda dos EP; prepáranlles no estudo de gravación un Órgano Hammond, Unha Gibson 355, un baixo Burns e unha batería Premier. Comenta Alberto “deixáronme un órgano Hammond alucinante, tardamos moito tempo en poñelo a punto” Cunha presión considerable de nervos para uns rapaces de 17 a 20 anos e unha temperatura altísima dentro do estudo, gravan todos a vez repetindo os temas ata que quedan ben. Apunta Xoan “o dono da Gibson afinou a guitarra de orella en dez segundos escasos ... no estudo facía un calor impresionante” o resultado foi un son cunha boa calidade para a época, e un disco que faría historia.
Esta sería a base da gravación do E.P. :
Tema 1 : O Espantallo (Inzenga e Rodrigo A. De Santiago)
Tema 2 : La Alfonsina (Canuto Berea)
Tema 3 : Poema da Chispa (Rodrigo A. de Santiago)
Tema 4 : Belidas Fiandeiras (Inzenga)
Edítanse, según a Belter 500 exemplares. Cando o EP sae co nome “Generación 49 del Ballet Gallego” o grupo supón que tivo que saldar algúnha débeda máis pero sempre foi “Generación 49” a secas. Pasados uns meses comenta Germán “chámamos a disográfica a ver como iban as vendas, contestáronnos que ainda lle debíamos cartos do adianto das catro mil” Posteriormente as obrigas do servizo militar e diversos problemas familiares fan que o grupo desapareza definitivamente, corría o ano 1969.
Xoan Piñón, Alberto Morano, Germán Peñalver e Suso Santos
Na mesa de mesturas co inxeñeiro de gravación
Nos estudos de gravación Belter Germán Peñalver e Alberto Morano
Xoan Piñón e Suso Santos posando para o fotógrafo.
Probas de son de guitarra e baixo de Xoan Piñón e Jesús Santos"Chapa"
_________________________________________________________________________
Do libro "50 anos de pop, rock e malditismo na música galega".
Texto de Fernando Fernández Rego.
Editorial Toxosoutos SL
Generación 49
As orixes da música instrumental galega
O grupo Generación 49 é unha das primeiras referencias -senón a primeira- de rock instrumental galego. Para coñecer a súa historia temos que remontarnos o ano 66 a cidade da Coruña. Alberto Morano -organo eléctrico- deixa Los Simples e Germán Peñalver -bateria- fai o propio con Los Saurios para unirse a Xoan Piñón NHU, DOA / -guitarra eléctrica-, o seú unico antecedente é a rolda dos Maristas da Coruña, e sacar adiante un proxecto efemero pero moi interesante. O nome do grupo sae da data de nacemento de Peñalver.
No 1968 gravan un 7" de catro temas de autores galegos con instrumentos electrónicos, polo que o podemos considerar como pioneiro e predecesor do que sería a música galega instrumental actual.
Comenzan a súa carreira cun estilo beat facendo versións dos grupos ingleses e españois da época de finais do 60, con directos en discotecas, radios e festas de diversa índole en formato trío. O equipo con que traballan é : un hórgano e aplificadores Farfisa de 20 e 60wp, guitarra eléctrica Hofner, baixo e unha batería.
No ano 1968, preséntanse a o concurso "El Micrófono de Oro" que se celebra en Lugo; despois de sucesivas eliminatorias, chegan a alcanzar o "Micrófono de Oro" ao mellor grupo do Festival e o "Microfono de Prata" ao mellor grupo instrumental, xa que o de ouro xa o tiñan. Con estes premios na vitrina asinan un contrato coa discográfica Belter de Barcelona, que supón a gravación de tres discos, dos que só chegarían a editar o primeiro. Para este evento e como reforzo, chaman a Jesús Santos Casal "Chapa" -baixó electrico- do grupo Piscis, interesados por estes premios o Ballet Galego Rey de Viana da Coruña (ao que pertence Alberto Morano) convídaos a participar nos seus directos facendo unha actuación previa a o espectáculo de danza con temas de autores galegos que o ballet utiliza como base musical.
Co Ballet Gallego realizán varias actuacións en Ferrol, Pazo de Oca, Vigo e O Berbés coa TV en directo. A idiosincrasia do grupo no conecta ben coa disciplina do Ballet, polo que ambas as partes deciden non continuar.
Trasládanse a Barcelona unha semana para gravar nos estudios da Belter, a o chegar comenta Chapa que "facía moito calor, había un cheiro húmido e industrial... non o esquecerei nunca", no hotel coinciden con Los Canarios.
Cunha presión considerable, instrumentos prestados e unha temperatura altisima dentro do estudio, gravan todos á vez repetindo os temas ata que quedan ben. Xoan apunta que "O dono da Gipson afinou a guitarra de oido en dez segundos escasos... entre o calor e os nervios suábanme as mans e non daba feito". o resultado foi un son cunha boa calidade para a época, e un disco, Generación 49 del Ballet Gallego (Belter, 1968), que faría historia. O servizo militar e diversos problemas familiares provocan a disolución da banda.
INFORMACIÓN XERAL
Formación: A Coruña
Tempo: 1960
Estilos: rock instrumental, folck
COMPOÑENTES
Alberto Morano -órgano eléctrico
Germán Peñalver -batería
Xoan Piñón -guitarra eléctrica
Jesús Santos Casal "Chapa" -baixo eléctrico
DISCOGRAFÍA
Generación 49 del Ballet Gallego (Belter, 1968)
Dúas estrelas e media.
Tan só saen ao mercado 500 exemplares deste 7", un disco pioneiro da música instrumental galega. Aquí temos as súas orixes, podemos observar como o rock progresivo e o beat se achegan ao folk da terra.
Catro cancións a golpe de Hammond repousado, catro instrumentais de autores galegos que destacan pola súa estraña luminosidade. "O espantallo" -Inzenga e Rodrigo A. de Santiago- soa melancólica. A imaxinación espértase e ao pechar os ollos vemos unha danza baixo o sol do mediodía.
"La Alfonsina" -Canuto Berea- é unha muiñeira sifónica dedicada ao Príncipe Don Alfonso, composta para piano, que a banda leva ao seu terreo con grande acerto. A orquestación principal corre a cargo dun Hammond que brilla con luz propia.
"Poema da Chispa" -Rodrigo A.de Santiago- e "Belidas fiandeiras" -Inzenga- son cortes atemporais que co paso do tempo se converteron en clásicos populares.
O grande interese deste disco radica no seu carácter precursor. Trátase dun dos primeiros intentos de levar o folkclore musical galego a unha nova dimensión. Posteriormente formacións como Milladoiro ou DOA tomarían o relevo con éxito.
1 - O espantallo
2 - La Alfonsina*
3 - Poema da Chispa*
4 - Belidas fiandeiras