Mostrando entradas con la etiqueta "Generacion 49" musica instrumental beat Galicia 1968 rock pop pionero 1960. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "Generacion 49" musica instrumental beat Galicia 1968 rock pop pionero 1960. Mostrar todas las entradas

Generación 49


O grupo “Generación 49” fórmase en A Coruña en 1967 con Alberto Morano (Órgano eléctrico) deixando o seu grupo anterior “Los Simples”, Germán Peñalver (Batería) ven de “Los Saurios” e Xoan Piñón (Guitarra eléctrica) do cal único antecedente é a rondalla de os Maristas de A Coruña. O nome do grupo sae da data de nacemento de Peñalver.


En 1968 gravan un E.P. en vinilo de 4 temas de autores galegos con instrumentos electrónicos, polo que podemos consideralo como pioneiro e predecesor do que sería a música galega instrumental actual.


Comenza a súa andaina con un estilo ”beat” facendo versións dos grupos ingleses e españois da época de finales dos 60 e con directos en discotecas, radios e festas de diversa índole en formato trío. O equipo co que traballa e un órgano, amplificadores Farfisa de 20 e 60w. guitarra eléctrica e baixo Hofner e unha batería.
No ano 1968, presentánse ao concurso “El Microfono de Oro” que se celebra en Lugo; despois de sucesivas eliminatorias, chegan a conquerir o “Micrófono de Oro” ao mellor grupo do Festival e o “Micrófono de Plata” ao mellor grupo instrumental, xa que o de ouro xa o tiñan. Con estes premios para a vitrina, está tamén un contrato coa discográfica Belter de Barcelona que supón a gravación de tres discos do que so chegarían a editar o primeiro. Para este evento, e como reforzo, chaman a Jesús Santos Casal “Chapa” (Baixo eléctrico) que toca no grupo “Piscis”. Interesados por estes premios o “Ballet Gallego Rey de Viana” de A Coruña (ao que pertenece Alberto Morano) invítanos a participar nos seus directos facendo unha actuación previa ao espectáculo de danza con temas de autores galegos que o ballet utilizan como base musical do espectáculo. Déixannos un local de ensaio e mercan unha nova batería Premier para que o grupo soe.
Co “Ballet Gallego” facemos varias actuacións en O Ferrol (Parque da Alameda), Pazo de Oca, Vigo (Praia de Samil e Auditorio de Castrelos) e O Berbés coa TV en directo. A idiosincrasia do grupo non conecta ben coa disciplina do Ballet, polo que por ambas partes deciden non continuar.


Trasládanse a Barcelona unha semá en un avión Fokker para gravar nos estudos da Belter, ao chegar comenta Chapa "facía moito calor, había un cheiro húmido e industrial ... non o esquecerei nunca". No hotel coinciden con “Los Canarios” con noite de farra asegurada. Previa sesión fotográfica no parque de Montjuic e un adianto de 4.000 pts, (teñen que comprar roupa axeitada para as fotos da portada do disco) a descontar da venda dos EP; prepáranlles no estudo de gravación un Órgano Hammond, Unha Gibson 355, un baixo Burns e unha batería Premier. Comenta Alberto “deixáronme un órgano Hammond alucinante, tardamos moito tempo en poñelo a punto” Cunha presión considerable de nervos para uns rapaces de 17 a 20 anos e unha temperatura altísima dentro do estudo, gravan todos a vez repetindo os temas ata que quedan ben. Apunta Xoan “o dono da Gibson afinou a guitarra de orella en dez segundos escasos ... no estudo facía un calor impresionante” o resultado foi un son cunha boa calidade para a época, e un disco que faría historia.


Esta sería a base da gravación do E.P. :


Tema 1 : O Espantallo (Inzenga e Rodrigo A. De Santiago)
Tema 2 : La Alfonsina (Canuto Berea)
Tema 3 : Poema da Chispa (Rodrigo A. de Santiago)
Tema 4 : Belidas Fiandeiras (Inzenga)


Edítanse, según a Belter 500 exemplares. Cando o EP sae co nome “Generación 49 del Ballet Gallego” o grupo supón que tivo que saldar algúnha débeda máis pero sempre foi “Generación 49” a secas. Pasados uns meses comenta Germán “chámamos a disográfica a ver como iban as vendas, contestáronnos que ainda lle debíamos cartos do adianto das catro mil” Posteriormente as obrigas do servizo militar e diversos problemas familiares fan que o grupo desapareza definitivamente, corría o ano 1969.


Xoan Piñón, Alberto Morano, Germán Peñalver e Suso Santos

Na mesa de mesturas co inxeñeiro de gravación

Nos estudos de gravación Belter Germán Peñalver e Alberto Morano

Xoan Piñón e Suso Santos posando para o fotógrafo.

Probas de son de guitarra e baixo de Xoan Piñón e Jesús Santos"Chapa"


_________________________________________________________________________



Do libro "50 anos de pop, rock e malditismo na música galega".
Texto de Fernando Fernández Rego.
Editorial Toxosoutos SL

Generación 49
As orixes da música instrumental galega 


O grupo Generación 49 é unha das primeiras referencias -senón a primeira- de rock instrumental galego. Para coñecer a súa historia temos que remontarnos o ano 66 a cidade da Coruña. Alberto Morano -organo eléctrico- deixa Los Simples e Germán Peñalver -bateria- fai o propio con Los Saurios para unirse a Xoan Piñón NHU, DOA / -guitarra eléctrica-, o seú unico antecedente é a rolda dos Maristas da Coruña, e sacar adiante un proxecto efemero pero moi interesante. O nome do grupo sae da data de nacemento de Peñalver.

No 1968 gravan un 7" de catro temas de autores galegos con instrumentos electrónicos, polo que o podemos considerar como pioneiro e predecesor do que sería a música galega instrumental actual.

Comenzan a súa carreira cun estilo beat facendo versións dos grupos ingleses e españois da época de finais do 60, con directos en discotecas, radios e festas de diversa índole en formato trío. O equipo con que traballan é : un hórgano e aplificadores Farfisa de 20 e 60wp, guitarra eléctrica Hofner, baixo e unha batería.

No ano 1968, preséntanse a o concurso "El Micrófono de Oro" que se celebra en Lugo; despois de sucesivas eliminatorias, chegan a alcanzar o "Micrófono de Oro" ao mellor grupo do Festival e o "Microfono de Prata" ao mellor grupo instrumental, xa que o de ouro xa o tiñan. Con estes premios na vitrina asinan un contrato coa discográfica Belter de Barcelona, que supón a gravación de tres discos, dos que só chegarían a editar o primeiro. Para este evento e como reforzo, chaman a Jesús Santos Casal "Chapa" -baixó electrico- do grupo Piscis, interesados por estes premios o Ballet Galego Rey de Viana da Coruña (ao que pertence Alberto Morano) convídaos a participar nos seus directos facendo unha actuación previa a o espectáculo de danza con temas de autores galegos que o ballet utiliza como base musical.

Co Ballet Gallego realizán varias actuacións en Ferrol, Pazo de Oca, Vigo e  O Berbés coa TV en directo. A idiosincrasia do grupo no conecta ben coa disciplina do Ballet, polo que ambas as partes deciden non continuar.

Trasládanse a Barcelona unha semana para gravar nos estudios da Belter, a o chegar comenta Chapa que "facía moito calor, había un cheiro húmido e industrial... non o esquecerei nunca", no hotel coinciden con Los Canarios.
Cunha presión considerable, instrumentos prestados e unha temperatura altisima dentro do estudio, gravan todos á vez repetindo os temas ata que quedan ben. Xoan apunta que "O dono da Gipson afinou a guitarra de oido en dez segundos escasos... entre o calor e os nervios suábanme as mans e non daba feito". o resultado foi un son cunha boa calidade para a época, e un disco, Generación 49 del Ballet Gallego (Belter, 1968), que faría historia. O servizo militar e diversos problemas familiares provocan a disolución da banda.

INFORMACIÓN XERAL
Formación: A Coruña
Tempo: 1960
Estilos: rock instrumental, folck

COMPOÑENTES
Alberto Morano -órgano eléctrico
Germán Peñalver -batería
Xoan Piñón -guitarra eléctrica
Jesús Santos Casal "Chapa" -baixo eléctrico

DISCOGRAFÍA
Generación 49 del Ballet Gallego (Belter, 1968)
Dúas estrelas e media.

Tan só saen ao mercado 500 exemplares deste 7", un disco pioneiro da música instrumental galega. Aquí temos as súas orixes, podemos observar como o rock progresivo e o beat se achegan ao folk da terra.

Catro cancións a golpe de Hammond repousado, catro instrumentais de autores galegos que destacan pola súa estraña luminosidade. "O espantallo" -Inzenga e Rodrigo A. de Santiago- soa melancólica. A imaxinación espértase e ao pechar os ollos vemos unha danza baixo o sol do mediodía.

"La Alfonsina" -Canuto Berea- é unha muiñeira sifónica dedicada ao Príncipe Don Alfonso, composta para piano, que a banda leva ao seu terreo con grande acerto. A orquestación principal corre a cargo dun Hammond que brilla con luz propia.

"Poema da Chispa" -Rodrigo A.de Santiago- e "Belidas fiandeiras" -Inzenga- son cortes atemporais que co paso do tempo se converteron en clásicos populares.

O grande interese deste disco radica no seu carácter precursor. Trátase dun dos primeiros intentos de levar o folkclore musical galego a unha nova dimensión. Posteriormente formacións como Milladoiro ou DOA tomarían o relevo con éxito.

1 - O espantallo
2 - La Alfonsina*
3 - Poema da Chispa*
4 - Belidas fiandeiras



edit post